sábado, 4 de junio de 2016

TIMELINE

Na primeira sesión realicei catro naipes pois era a primeira vez que facíamos un traballo así e costoume adaptarme á maneira de traballar. En casa tiven que buscar algunha información e adiantar algo de traballo para non ir tan axustada de tempo na seguinte clase.
Na segunda sesión, ao ter traballo adelantado, a elaboración resultou máis doada e puidemos ter acabados máis naipes. Traer un ordenador da casa axudou na velocidade coa que traballamos. Así, ese día, eu rematei 11 cartas.
Foinos moi difícil atopar o autor dalgunhas obras polo que non o temos refllictido.
O traballo en grupo resultou ben pero as que realizamos a maior parte do traballo fomos Antía e eu.

domingo, 6 de marzo de 2016

Galicia no século XIX

Diario de sesións:

O primeiro día, na aula de informática, comezamos coa procura de documentos por parellas e a organizar como íamos distribuír o traballo, non tivemos ningunha dificultade, aínda que non tivemos tempo para facer moito.

Na seguinte sesión tivemos problemas cun dos ordenadores, polo tanto, Javi e eu seguimos buscando os documentos para engadir na montaxe co que funcionaba mentres que Tamara e Julián resumían o texto do vídeo. Ademais, o noso grupo non tivo tempo de gravar o audio.

A última sesión Javi e mais eu a adicamos a resumir a parte que nos correspondía do texto e nesa mesma clase gravamos o audio con algunha dificultade, o cal retrasou un pouco na realización do traballo. Ao rematar, pasamos o audio ao ordenador e comezamos a montaxe do vídeo engadindo os documentos recopilados nas clases anteriores mais co retraso anterior, só puidemos comezalo. Por mor disto, o rematamos na casa repartindo o traballo: Eu montei o vídeo coa cronoloxía e o vocabulario que me mandara Javi, o cal se ocupou de facer os arranxos finais deste. 

Penso que todos os membros do grupo traballamos ben e conxuntamente, exceptuando momentos de pequena distracción e pouca concentración á hora de traballar.




Galicia no século XIX from Hadri PL on Vimeo.