viernes, 20 de noviembre de 2015

Nº24 Clasifica o documento.

Natureza do documento: É un documento xeográfico.

Tipo de fonte (primaria/secundaria, páx. 78): Fonte secundaria: o libro porque non está elaborado por persoas que viviron nesa época.

Circunstancias espazo-temporais (cando e onde?): Foi convocado no 1814 polas principais potencias absolutistas (Reino Unido, Austria, Rusia e Prusia).



Tema principal: Como queda o mapa de Europa despois do congreso de Viena.

Causas: Pretendían recuperar o control de Europa e volver ás estructuras do Antigo Réxime. Querían deixar atrás os principios da Revolución Francesa, o liberalismo e o nacionalismo e, pola súa parte, controlar e vixiar a Francia para impedir un posible renacemento do seu imperio.


Consecuencias: Establecéronse novas fronteiras que buscaban controlar a Francia, frear o seu expansionismo e asegurar o dominio do continente por parte das potencias absolutistas. Estas ampliaciones as súas fronteiras coa incorporación de novos territorios.

domingo, 11 de octubre de 2015

INTRODUCIÓN

Ata finais do século XIX os países europeos tiñan unha forma de organización política estamental, con gobernos autoritarios e absolutistas e na que a economía  baseábase na agricultura do autoabastecemento e na produción artesanal, isto se chamaba Antigo Réxime.
Aínda que en Inglaterra, por exemplo, foise instaurando o parlamentarismo, que tiña unhas ideas un pouco diferentes, nesta época dominaba o absolutismo. 
As diferencias máis destacables entre estes dous sistemas de goberno eran:
ABSOLUTISMO
PARLAMENTARISMO
        Todos os poderes se concentran no rei.
        Tiñan división de poderes e, polo tanto, as decisións do rei eran controladas polo Parlamento.
        Os monarcas eran considerados representantes de Deus na Terra.
        Os monarcas eran os representantes do pobo.
 O monarca gobernaba mediante funcionarios que era nomeados por el e executaban as súas ordes.
        Poder do Parlamento sobre o poder do rei.